Audiotur

Audiotur Monte Castrove_Aroa

Endast på Gaeliska
QR-kod

2 sevärdheter

  1. Ljudturssummering
  2. Ljudturssummering

    O Monte Castrove sitúase na zona do Salnés, na provincia de Pontevedra, nunha serra que recibe o seu mesmo nome e que pertence ao sistema montañoso “Serras litorais atlánticas”. Son catro os municipios que o comparten: Barro, Meis, Pontevedra e Poio.

    Este conxunto de montañas en liña co mar, separa ás dúas rías que a rodean: a ría de Arousa, situada no Norte e a ría de Pontevedra, ao Sur, e consta de varias cimas, sendo o Castrove o cume máis alto con 613 metros de altura dende onde se pode contemplar unha fermosa paisaxe da comarca do Salnés e da Ría de Pontevedra.

    Este espazo natural, como todos os montes, ten carballos, castiñeiros, eucaliptos, matogueiras,... e a fauna típica dos montes, como por exemplo lobos, xabarís, cabalos,...

    Ademais neste monte nacen varios arroios como o de Santo Tomé e Campo Ladrón, entre outros, que verten as súas augas nas rías que o bordean.

    O Castrove chámase así debido a que hai moitos séculos, esas terras estiveron habitadas por pobos castrexos aínda que tamén quedan pegadas anteriores. Esta ruta tentará coñecer o monte Castrove dende as súas orixes e a iniciaremos nun xacemento arqueolóxico datado da época do Neolítico coñecido como a Casiña da Moura, para continuarmos cos Petróglifos de Outeiro do Cribo, da mesma data.

  3. 1 Casiña da Moura
  4. 2 Petróglifos Outeiro do Cribo
  5. 3 Bosque de Colón
  6. 4 Miradoiro
  7. 5 Pedra da Barca

Skapa dina egna ljud-turer!

Användningen av systemet och den mobila guide-appen är helt gratis

Start

Förhandsvisning av appen på iOS, Android och Windows Phone