Mirador Pedra da Ra
A Pedra da Ra localízase no monte do Castro, na Parroquia de San Paio de Carreira, a unha altura de 213 metros sobre o nivel do mar. En maio de 2016, co fin de preservar a forma natural da rocha que preside o miradoiro, fóronlle retiradas unhas escaleiras que permitían subir ao cumio desta.
Dende a costa oeste, esta rocha semella ter unha forma similar a dunha ra coa boca aberta, de aí o seu nome.
Dende as alturas, pódense recoñecer perfectamente as Dunas de Corrubedo, a desembocadura da Ría de Arousa ou as bateas que flotan no mar; acadando unha das mellores panorámicas desta comarca.
Máis concretamente, observamos o gran océano xunto coa costa e enseada de Corrubedo, coa súa vila e o seu imprescindible faro, as súas Dunas e as lagoas de Carregal e de Vixán.
Máis ao Sur distinguimos as figuras dalgunhas das illas pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, como poden ser: a illa de Sálvora e o pequeno illote Os Fornos máis preto, e as Ons e as Cíes máis ao fondo.
Se seguimos o camiño ao leste, chegaremos ao Castro da Cidá. Trátase dun castro de orixe celta (e de escavación recente) no que podemos identificar algún muro que hai moito tempo foron vivendas castrexas.
Textos/voz en gallego y castellano: CEPP de Carreira
Textos en Inglés: Miguel Ángel Iglesias Núñez
Voz en inglés: Ferguson-Easley Elementary school
Banda sonora original: Marcos Mato Collazo
Fotografías: Eurocolor Foto-Vídeo Ribeira
Producción de vídeo: Miguel Barreiro Reiriz
Coordinadores:
Francisco José Alonso Paz
Miguel Ángel Iglesias Núñez
Daniel Pedre Pernas
Colaboran:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela
Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
Concello de Ribeira.
AMICOS
CC-BY-SA S1705004 - PFPP S1731006 Roteiros Sonoros - CEPP de Carreira. 2018
Download de gratis izi.TRAVEL app
Maak eigen audiogidsen!
Het gebruik van het systeem en de app is gratis
