Tour audio Monte Castrove_Aroa
2 sights
- Aperçu de l'audioguide
-
Aperçu de l'audioguide
Update Required To play the media you will need to either update your browser to a recent version or update your Flash plugin.O Monte Castrove sitúase na zona do Salnés, na provincia de Pontevedra, nunha serra que recibe o seu mesmo nome e que pertence ao sistema montañoso “Serras litorais atlánticas”. Son catro os municipios que o comparten: Barro, Meis, Pontevedra e Poio.
Este conxunto de montañas en liña co mar, separa ás dúas rías que a rodean: a ría de Arousa, situada no Norte e a ría de Pontevedra, ao Sur, e consta de varias cimas, sendo o Castrove o cume máis alto con 613 metros de altura dende onde se pode contemplar unha fermosa paisaxe da comarca do Salnés e da Ría de Pontevedra.
Este espazo natural, como todos os montes, ten carballos, castiñeiros, eucaliptos, matogueiras,... e a fauna típica dos montes, como por exemplo lobos, xabarís, cabalos,...
Ademais neste monte nacen varios arroios como o de Santo Tomé e Campo Ladrón, entre outros, que verten as súas augas nas rías que o bordean.
O Castrove chámase así debido a que hai moitos séculos, esas terras estiveron habitadas por pobos castrexos aínda que tamén quedan pegadas anteriores. Esta ruta tentará coñecer o monte Castrove dende as súas orixes e a iniciaremos nun xacemento arqueolóxico datado da época do Neolítico coñecido como a Casiña da Moura, para continuarmos cos Petróglifos de Outeiro do Cribo, da mesma data.
- 1 Casiña da Moura
- 2 Petróglifos Outeiro do Cribo
- 3 Bosque de Colón
- 4 Miradoiro
- 5 Pedra da Barca

Commentaires
Téléchargez l'appli gratuite izi.TRAVEL
Créez vos propres visites audio!
L'utilisation du système et de l'appli de guide mobile est totalement gratuite